A Feira do Viño do Ribeiro chega este ano á súa 53ª edición que se celebrará os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016 no recinto da Alameda, en Ribadavia, Ourense.
As bodegas e colleiteiros interesados en participar cun stand propio no evento xa poden inscribirse ata o 12 de febreiro chamando por teléfono ao concello ao 988 47 71 00 ou a través do mail ivan.aedl@ribadavia.es. Ante o gran interese amosado na reunión na que se lles explicaron as novidades desta edición, a organización destaca que a inscrición se realizará por rigurosa orde de chegada ata que se cubran as prazas ofrecidas. Os inscritos terán dereito a participar na Cata Popular.