A Asociación O Camiño dos Faros iniciará este domingo, 22 de marzo, a quinta edición da súa ruta por etapas que percorren un total de 200 quilómetros entre Malpica e Fisterra.
A primeira das oito etapas realizarase o próximo domingo con saída ás 9.30 horas dende o Porto de Malpica. Son un total de 22.5 quilómetros ata Niñóns pasando por San Adrián, Beo, Barizo e Punta Nariga. A hora prevista de chegada é as 19.00 horas.
Para os que se animen, a asociación preparou unha serie de actividades en Malpica o día previo pola tarde-noite, que inclúen dende charlas, a un paseo, uns viños e un concerto.
TODA LA INFORMACIÓN EN CAMINODOSFAROS.COM