Alegas Valtea vén de sacar ao mercado o primeiro espumoso galego certificado co selo Galicia Calidade que se outorga aos mellores produtos da comunidade. Trátase dun brut nature denominado Valtea que se estivo criando en rima durante nove meses.
Adegas Valtea, pertencente á D.O. Rías Baixas e especializada na uva albariño, conta con instalacións propias no municipio de Crecente (Pontevedra) para a completa elaboración de todo o proceso. A adega pretende comercializar 15.000 botellas este ano e unhas 25.0000 o próximo.
Desta forma, o brut nature de Valtea únese ao resto de produtos da bodega que, ademais de diferentes viños ofrece destilados como licores café, de herbas, de mel, tostado, oruxo e crema.