El Cabaret maldito, que leva a escea El Circo de los Horrores, estará desde hoxe e ata o 28 de xuño no Coliseum da Coruña cun total de cinco funcións.
Trátase dum show que, segundo os seus creadores, fusiona o teatro de vangarda, o circo contemporáneo e o cabaret, con Lucifer como eixo central do espectáculo e unha antiga catedral gótica como espazo principal.
Mais de dúas horas de espectáculo nas que se darán cita, demos, paiasos, travestidos, madames e outras personaxes completando a triloxía que se iniciou con El circo de los horrores e continuou con El manicomio de los horrores.