O concello de Cambados, facendo gala do seu título de membro da Rede Europea de Cidades do Viño, acaba de poñer en marcha a web de enoturismo cambadosenoturismo.com, pensada para os amantes do mundo do viño.
Na web pódese consultar toda a información sobre este concello e a comarca do Salnés cunha listaxe de adegas da zona, 7 delas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas. Tamén contén aloxamentos, os principais lugares de interese turístico, así como audioguías ou códigos QR para acceder á información a través de móbil.