O chef Iván Domínguez, do Grupo Alborada, participa desde hoxe no programa Galicia Pórtico Universal -que se celebra en Buenos Aires co obxectivo de divulgar a cultura galega ao redor do mundo- e, en concreto, no evento Buenos Aires celebra Galicia.
Na súa estancia, Iván Domínguez ofrece hoxe unha masterclass na escola de hostalería da cidade arxentina na que elaborará pequenas creacións con conservas e viños galegos. Ademais, o venres e o sábado realizará showcookings para grupos de 24 persoas na caseta Galicia Pórtico Universal: obradoiro de sabores.