Cando foi a última vez que che contaron un conto?, documental promocional da Ribeira Sacra, realizado pola empresa monfortina Némesis Creaciones, triunfa nos certames internacionais de cinema turístico con dous novos galardóns.
En concreto, recibiu o terceiro premio na categoría de Turismo Enológico do Finisterra Arrábida Film Art &Tourism Festival de Sesimbra (Portugal). Ademais, fíxose cunha mención especial polo Tributo á Viticultura Heroica no TourfilmRiga de Letonia, no que España foi o país máis premiado cun total de tres galardóns. Previamente, o documental recollera en 2015 o Blue Danube Award en Silafest de Serbia, ademais de dúas seleccións oficiais en Croacia e Bulgaria.