Mañá xoves, 7 de maio, comeza na Cidade da Cultura de Santiago o programa Enocións by Ribeiro, unha iniciativa que quere reflectir as emocións que afloran no Camiño de Santiago uníndoas aos viños da D.O. Ribeiro.
Os asistentes poderán gozar dunha reunión na que soará a música de Guadi Galego, na que se poderán ver as mellores imaxes de Xurxo Lobato sobre a denominación de orixe máis antiga de Galicia e do Camiño de Santiago, na que se poderá asistir a unha cata comentada de viños singulares da D.O. Ribeiro e visitar a mostra Camiño. A Orixe.
O evento comezará ás 19.00 horas e o prezo da entrada é de 12 euros, aínda que se pode adquirir un bono de 30 euros para asistir a todo o ciclo cuxas próximas datas serán o 11 de xuño e o 10 de setembro. As entradas están á venda en ataquilla.com; A Reixa Tenda en Santiago e na sede do C.R.D.O. Ribeiro en Ribadavia.