Ferrol converterase durante dous días, hoxe e mañá, na capital do viño grazas a unha nova edición do evento FEVINO, unha cita bienal que conta con 16 anos de traxectoria.
Esta edición do Salón Internacional do Viño aposta por seguir sendo un lugar de encontro entre bodegueiros, importadores, distribuidores, sumilleres, enólogos e profesionais do viño, pensado para compartir experiencias e coñecementos. Por primeira vez, entregaranse os galardóns FEVINO, que nesta edición premiarán a José Peñín Quim Vila, Adegas Pingus, Emilio Rojo, Josep Roca e ao Grupo Nove.
Ademais de exposición de adegas, realizaranse catas maxistrais, presentacións de libros e outras actividades.