O Festival Primavera do Cine en Vigo acaba de presentar o cartel da súa quinta edición que se celebrará do 19 ao 29 de maio e que esta semana, o día 17, pecha o proceso de recepción de longametraxes, curtos e videoclips.
Segundo os deseñadores da nova imaxe, o cartel representa unha explosión de imaxe e cor moi cinematográfica baseada na primavera como símbolo de cambio e ilusión.
Entre as principais novidades deste ano destaca a incorporación de novas sedes de proxección: diferentes asociacións de veciños en Vigo e a Sala Ingrávida de Porriño.