As galletas mariñeiras Daveiga acaban de recibir o galardón ao Producto del Año na II edición dos Premios Cantábrico Excelente 2016, que reuniu na Coruña a un total de 30 empresas e profesionais do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.
Este novo selo de calidade para Daveiga supón un recoñecemento ao traballo e modo de facer desta empresa galega que leva en activo máis dunha década e que, na actualidade, ofrece 7 variedades deste produto. Este novo premio, súmase a outros como o Premio Excelencia Empresarial 2008, Superior Taste Award en 2009, Sabor do ano 2010 ou Líder en calidade no sector alimentario en Galicia 2012.