O comparador de prezos de hoteis e viaxes www.trivago.es vén de declarar a Lugo e A Coruña como dous dos destinos máis económicos de España para viaxar en xaneiro.
Neste ránking recoñécense os 7 lugares con prezos máis económicos ao tempo que se promoven as atraccións turísticas de cada destino. En Lugo, Trivago ademais de destacar o prezo económico dos seus aloxamentos, dun mínimo de 36 euros a noite, pon en valor o seu patrimonio histórico, a Muralla Romana, a igrexa de San Pedro, as termas romanas, a Ponte Romana e a fachada do Concello; así como a gastronomía e as tabernas. Ademais de Lugo, atópanse nesta lista León, A Coruña, Castellón, Lleida, Murcia e Badaxoz.