Un dos símbolos de Bruxelas, a famosa estatua Manneken Pis, será un peregrino ata finais deste mes de maio, a raíz dunha iniciativa da Asociación belga de Amigos do Camiño de Santiago.
O conxunto composto por capa, sombrero e bastón de peregrino do Camiño de Santiago constitúe o número 930 de traxes cos que se vestiu esta escultura e pasará a formar parte da colección exposta no Museo de Traxes do Manneken Pis.
A Xunta afirmou que esta iniciativa é unha mostra máis do alcance internacional que conseguiu a Ruta Xacobea e que servirá para difundila e promovela entre o mercado belga.