A adega Paco & Lola lanza ao mercado o seu novo produto, o número 12, que desde o pasado venres se pode adquirir tanto online como en tenda.
Un total de 12, foron os días que tardou en fermentar no depósito número 12, de aceiro inoxidable, a baixa temperatura, detívose a fermentación en frío, obtendo como resultado un viño de alta intensidade aromática, fino carbónico natural e boca golosa, segundo destacan desde a adega.
Posúe unha cor amarela pajiza con tonalidade verdosa intensa, limpa e brillante. Fresco, moi froiteiro, con boa acidez e un fondo tropical doce.