O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en Ourense, realizará unha actividade especial o próximo sábado, 8 de agosto, con motivo do fenómeno astronómico das Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo.
En concreto, a proposta consiste nunha visita guiada nocturna e a observación do ceo estrelado a cargo da Asociación Astronómica de Ourense. Ademáis, existe a posibilidade de cear no restaurante do parque antes do inicio das actividades.
As prazas son limitadas, polo que é necesario facer unha reserva previa en reservas@pacc.es ou no teléfono 988 267 285. Os precios varían segundo a idade e a posibilidade de cear no recinto ou non, polo que van dos 4 aos 23 euros. Os menores de 6 anos poderán participar gratuitamente e recibirán un agasallo.