As Denominacións de Orixe Rías Baixas e Ribeiro ofrecen este verán orixinais rutas turísticas para que os interesados poidan coñecer as adegas e os principais enclaves turísticos destas rexións.
En concreto, a D.O. Rías Baixas inicia mañá a súa programación de Buses do Viño que ofrecerá un total de 6 percorridos: os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de agosto con diferentes puntos de partida, e que levarán aos usuarios polas vilas máis emblemáticas e por algunhas das adegas que integran esta zona, ofrecéndolles toda a información sobre a denominación. Os interesados poden facer as súas reservas ou solicitar información no correo electrónico: info@rutadelvinoriasbaixas.com.
Por outra parte, a D.O. Ribeiro xa puxo en marcha o seu tren turístico, cuxa próxima saída será o 23 de agosto, e que leva aos participantes a lugares turísticos como o casco histórico de Ribadavia ou o Museo do Traxe, por exemplo, ademais de permitirlles degustar os produtos de varias adegas da zona. Os interesados poden pedir información ou reservar en ruta@rutadelvinoribeiro.com.