Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra asinaron un convenio de colaboración que ten como obxectivo desenvolver un traballo conxunto que permita ofrecer unha imaxe uniforme e unificada nos establecementos deste destino.
Entre outras cuestións abordarase a renovación de material de promoción, a consolidación de produtos turísticos, a difusión dos valores patrimoniais, turísticos, paisaxísticos e ambientais da zona e outras actividades tanto de promoción como de información.