Sabores de Ourense de Outono remata o vindeiro domingo, 29 de novembro, a súa oitava edición sumando desta volta 53 establecementos participantes.
Como xa é clásico nesta edición outonal, os pinchos a concurso están elaborados con cogomelos ou castañas. O prezo máximo dos pinchos é de 2,50 €, como en anos anteriores.
Nesta edición acadaronse 53 establecementos participantes, 3 máis dos que na edición de primavera e de outono de 2014. Aínda que a ampla maioría están concentrados na zona dos Viños, tamén hai participantes noutras zonas: o Centro, A Ponte, San Francisco e Mariñamansa, así coma nas instalacións termais.
Entre os premios oficiais do concurso, ademais dos 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o da prensa, recupérase o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola Asociación de Celíacos de Ourense, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración.
Coma en anteriores edición, o público que deposite o seu voto nas urnas colocadas nos establecementos participantes entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade a este concurso.