As Pontes de García Rodríguez acolle, a partir de mañá, unha nova edición do seu concurso de tapas Saborea As Pontes, que se celebrará ata o 23 de outubro.
Un total de 29 locais participarán nesta oitava edición que ofrecerá as súas creacións culinarias a un prezo de 1,50 euros. O horario será 19:30 a 23:00 horas de luns a venres, incrementándose sábados e domingos de 12:00 a 15:00 horas. Ademais dos premios ás mellores tapas, o público poderá participar no sorteo de 9 vales por un prezo de 300 euros.