
A festa gastronómica Marisvigo abrirá as súas portas na praza do Berbés entre o 13 e o 15 de marzo. Será unha oportunidade perfecta para degustar produtos do mar, acompañados doutras actividades como cursos de cociña ou animación musical. O horario da taquilla será de 12:00 a 16:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas e haberá degustacións gratuítas ás 12:00 e ás 19:00 horas.
Ademáis, o venres ás 22:00 horas actuará Abóriga; o sábado pola mañá será A Papuxa a que amenice a comida, mentres que pola tarde chegará o turno de Algarabía. O domingo a música correrá a cargo da Asociación Folclórica Arandela. A charanga A cabeza non para actuará venres e sábado ao mediodía e o domingo pola tarde.