Un total de 24 restaurantes galegos forman parte da primeira edición da Guía de Soles de Repsol en Galicia co obxectivo de converter a comunidade nunha das grandes rexións gastronómicas do mundo.
Cinco destes restaurantes contan con dous soles, en concreto trátase de Culler de pau, Pepe Vieira, Solla, D’Berto e Galileo, aos que se suman outros 19 cun sol.
A guía, dispoñible en formato online, difundirase a través de diferentes espazos e academias internacionais co obxectivo de divulgar estes establecementos galegos e dar a coñecer a gastronomía galega.