Imaxe: © Turexpo
A Feira Internacional de Galicia celebrará do 20 ao 22 de marzo o salón Turexpo Galicia 2015 na que será a súa quinta edición, tras a proposta itinerante que hai uns días se realizou en Ferrol.
Como en anteriores ocasións, a cita conxugará unha atractiva área expositiva, un completo programa de actividades técnicas como lúdicas e a súa bolsa de contratación turística que o converte nunha importante plataforma de negocio para o sector e un interesante escaparate de propostas e destinos para o público xeral.
A organización xa está a traballar nos detalles desta próxima edición que contará co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o IGAPE.