
O gran pianista de orixe rusa Sergei Yerokhin actúa o próximo domingo, 23 de novembro, no Teatro Colón da Coruña, onde ofrecerá un recital a partir das 20.00 horas. No seu concerto interpretará pezas de Schubert, Beethoven e Chopin.
Recoñecido como un dos máis brillantes pianistas da súa xeración, chega, unha vez máis tras a súa actuación en 2012, á cidade da Coruña despois de actuar nas máis prestixiosas salas de concerto mundiais como Wigmore Hall de Londres, Herkulessal de Múnic, Teatro Colón de Bos Aires, Gran Sala Verdi de Milán, Gran Sala do Conservatorio de Moscú, Moscow International Rerfomance Arts Center ou Filharmónica de San Petersburgo.
As entradas poden adquirirse no punto de venda da Praza de Ourense, no Centro Sociocultural Afundación do Cantón Grande (nº 21-23), por teléfono no 902 504 500, na web www.servinova.com ou no propio despacho do Teatro. Tamén dispóñense de 10 invitacións para alumnos que poden solicitarse en info@nertamanagement.com (repartiranse por estrita orde de solicitude).
Máis información na web de NERTA MANAGEMENT que inclúe audios e vídeos do artista.