As Cidades Patrimonio da Humanidade de España convocan un concurso de fotografía nas redes sociais co Nadal como tema principal que estará aberto ata as 00.00 horas do 10 de xaneiro de 2015.
O gañador recibirá unha estanza de dúas noites nun parador e deberá retratar o Nadal, ámbito e habitantes dunha das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade (Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda), enviando a redes@ciudadespatrimonio.org a súa mellor instantánea.
Os que queden en segundo e terceiro posto obterán un exemplar do libro 15 fotógrafos, 15 cidades únicas.