NÓTASE QUE OS MÁIS PEQUENOS DA CASA EMPEZAN AS VACACIÓNS ESCOLARES PORQUE AS SALAS GALEGAS SE ENCHEN DE ESPECTÁCULOS PENSADOS PARA GOZAR EN FAMILIA.
O espectáculo familiar Panorama kids ofrece 4 funcións entre o venres e o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra. Orquestapanorama.com
Concerto de Andrés Suárez ás 21:00 horas no Palacio de Congresos y Exposiciones de Santiago de Compostela. Andressuarez.es
Emilia represéntase venres e sábado no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Espectáculo familiar no Teatro Jofre de Ferrol ás 18:00 horas coa representación de Pulgarcita el musical.
Teatro do Morcego leva a escena a obra Diálogo do can co seu amo ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense.
Treixadura presenta no Auditorio Abanca de Santiago o seu último traballo discográfico Vendima tarda ás 21:00 horas. Treixadura.com
Fuensanta La Moneta actúa con Paso a Paso no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas. Inglis.fuensantalamoneta.es
O espectáculo Fantasía de Navidad con La Bola Mágica chega ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 17:30 horas e ás 21:30 poderase ver o show de humor Ríete de la crisis.
Mellizos, 2 caras duras en crisis chega ao Auditorio de Santiago de Compostela ás 19:00 horas con Arévalo e Bertín Osborne. Dosmellizos.com
Ás 19:00 horas o Teatro Principal de Ourense acolle o espectáculo de Georgia Mass Choir.
O musical Hansel y Gretel represéntase no Auditorio Municipal de Ourense ás 17:00 horas.
Tras o seu paso por Pontevedra, Panorama kids estará no Teatro Colón da Coruña con dobre función ás 17:00 e ás 19:30 horas. Orquestapanorama.com
La Bella durmiente, un novo musical chega ao Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 18:00 horas.
A ópera Lucia di Lammermoor represéntase ás 20:30 horas no Teatro Afundación de Vigo.
O Teatro Jofre de Ferrol acolle a obra Brokers ás 20:00 horas.
Vilalba celebra a súa tradicional Feira do Capón. Vilalba.org
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )