Lugo, coñecida como a capital das murallas, é un destino que destaca por dispoñer dunha oferta que se adapta a todo tipo de gustos e necesidades. Con máis de 2.000 anos de historia e un monumento declarado Patrimonio da Humanidade, a cidade é perfecta para os amantes da arquitectura e o turismo monumental; pero tamén se axusta aos que prefiren un plan de relax e natureza; os que queiran comer ben teñen infinitas opcións; e os que busquen unha ampla oferta de ocio e compras tamén a encontrarán. Estes son catro plans para gozar de Lugo.
PATRIMONIO
Sen dúbida, a muralla de Lugo cos seus 2,2 quilómetros de lonxitude é o símbolo da cidade e, dende o ano 2000 conta coa declaración de Patrimonio da Humanidade. Pero non é o único atractivo para os visitantes, que poden perderse intramuros polo burgo vello e visitar, entre outros monumentos, a súa catedral.
NATUREZA
O ámbito da cidade ofrece moitos atractivos, pero non é necesario saír de Lugo capital para respirar aire puro: os 10 quilómetros de paseo que rodean os ríos Miño e Rato son o mellor exemplo. Aínda que tamén é recomendable perderse polo parque Rosalía de Castro, 23 hectáreas no corazón da cidade. E para rematar de relaxarse, que mellor que visitar o Balneario de Lugo e as súas famosas termas romanas.
GASTRONOMÍA
‘E para comer Lugo’, dio a sabedoría popular que coñece os excelentes produtos desta provincia: dende hortalizas e produtos da terra, a exquisitas carnes ou peixes e mariscos frescos do Cantábrico. A cidade é coñecida polo polbo e o seu costume do tapeo e, de feito, o concurso de tapas da cidade acaba de cumprir a súa décima edición.
OCIO
Para todos os gustos, con festas como o Arde Lucus en xuño ou o San Froilán en outubro; con ciclos culturais como a Mostra de Teatro Clásico en febreiro, a Semana Internacional da Maxia en maio, o Festival de Música Cidade de Lugo en xuño, ou o Festival de Jazz en novembro.
Ademáis, desde fai case 10 anos, a cidade conta coa maior oferta de ocio e compras da provincia no centro comercial As Termas. Con casi 45.000 metros cuadrados de superficie, o centro comercial alberga as tiendas As Termas que contan coas primeiras marcas, restauración e oito salas de cine.
Catro plans diferentes que se adaptan a todo tipo de gustos e necesidades do visitante.