Cervexas Menduiña conseguiu tres novos recoñecementos para as súas elaboracións, dúas medallas de ouro e unha de bronce outorgadas no Campionato Nacional de Cervexas, celebrado a pasada semana en Cataluña.
En concreto os Ouros foron para a súa cervexa Loira, na categoría de Lager e para María Soliña, na categoría de Estilos Históricos e outros alternativos/especiais mentres que o Bronce foi para Demo Neghro, na categoría de Ales Negras-Porter/Stout. En total foron premiadas 18 elaboracións nas cinco categorías a concurso.