O músico galego Roi Casal e a súa banda amenizarán o vindeiro domingo 26 de xullo o tradicional xantar popular da XLVI edición da Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña.
En concreto, ofrecerán un concerto na carballeira de Santa Lucía de Moraña a partir das 18:00 horas, de entrada gratuíta, e que porá o broche a unha das festas gastronómicas máis concurridas do verán galego, declarada de interese turístico.
Roi Casal presentará o seu último disco, Donos do noso destino, que vén de acadar relevancia internacional con numerosos premios e xiras en América e varios países de Europa.