Nordés, a Atlantic Galician Gin, creou un cóctel moi especial, ideado polo seu Brand Ambassador Alejandro Cremades, para conmemorar o Día de Galicia ou Día do Apóstolo Santiago, que se celebra o 25 de xullo. Trátase dunha queimada fría que se converte na proposta ideal para estas datas.
Os ingredientes desta proposta son:
-5 cl. de Nordés Gin
-Zume de medio limón
-2,5 cl. de xarope de xenxibre
-Un toque de viño albariño
-3-4 grans de café
-Alga salicornia
Na cocteleira incorpóranse a xenebra, o zume de limón e o xarope de xenxibre sobre xeo e péchase. Axitar enerxicamente durante 10 segundos e servir coando inmediatamente en copa de viño con xeo. Rematar agregándolle un toque de albariño frío. Para aromatizar, flambear os aceites esenciais dunha casca de limón e decorar cuns grans de café e alga salicornia.