Se un se para a pensar, son moitos os pobos que alberga Galicia e, aínda que moitos deles son moi pequenos -como Negueira de Muñiz cos seus 211 habitantes-, en case todos encontramos cousas do máis interesante.
A gran parte deles contan con anos de tradición e historia. Dende que eramos uns nenos os nosos avós contáronnos lendas sobre estes e os segredos máis ocultos que parecen esconder as súas rúas. Hoxe daremos un pequeno repaso polos pobos de Galicia, os seus recunchos máis máxicos e as súas tradicións.
Dise que esta praia é máxica, pois nela se ocultan os corpos daquelas persoas que o mar engaiolou e levou consigo. A diferentes horas do día o xogo de luces e sombras, así como o mundo de portas que se abre e pechan en función de como se encontran as mareas, fan desta unha das praias máis especiais do país.
Hai un punto no que as arestas dos arcos se iluminan e nese mesmo instante conta a lenda que se pode predicir o futuro ou recuperar o pasado. Algúns vellos mariñeiros narraron que naquelas noites nas que a lúa non se ve no ceo, onde todo é escuro, uns puntos iluminan a entrada do arco, divisándose no centro deste os ollos verdes das sereas que guían no camiño de volta á casa.
Praia das Catedrais
Trátase dunha longa tradición que fai referencia ás ánimas que vagan en pena a partir de media noite percorrendo os camiños do pobo e facendo paradas nas casas nas que pronto vai haber unha morte.
Segundo se di van en procesión vestidas con túnicas negras e os pés descalzos, levando velas acendidas e seguindo a “Estadea”, o Espectro Maior é quen se encarga de poñer a proba as almas das persoas vivas. Parece ser que unha persoa viva é a que encabeza o grupo, noite tras noite, aínda que ao día seguinte non recorda nada do acontecido pero pouco a pouco vai palidecendo e perdendo peso ata que morre.
Na Porqueira (Ourense) descríbese unha lenda onde houbo unha vez na que dous homes foron a unha feira un día no que a chuvia era tal que o río Limia crecera tanto que a Ponte Romana estaba cuberta. Como non encontraban un lugar polo que cruzar cara ao outro lado, un deles comezou a maldicir e berrar tan enfadado que un cabalo branco apareceu na noite, da nada, e se ofreceu a levalos á outra beira.
Chovía con tanta forza e corrían tan á présa que mesmo as gotas lles facían dano. Aquel que maldiciu ao principio comezou a facelo de novo e o cabalo galopaba cada vez máis e máis rápido. O segundo home foi invadido polo medo pensando que ese animal non era terreal, así que decidiu sacar un rosario que levaba consigo e rezou. Ao pronunciar “Virgen María Santísima” o cabalo desapareceu e caeron ao chan.
Lagoa de Cospeito
Nas terras de Lugo podemos encontrar esta lagoa formada a consecuencia da maldición dunha bruxa pola que o pobo Vila de Valverde quedou sepultado baixo a auga. Motivo? Todos os seus habitantes se negaron a acoller un pobre que quería un sitio no que abeirarse durante a noite.
Foi casa por casa (algúns din que era un home e outros que era a virxe disfrazada) pedindo un lugar para gorecerse, pero ninguén quería acoller o pobre home. Cando abandonaba o pobo encontrouse cunha casa na que vivía unha familia do máis humilde que, aínda que non tiña para comer, matou a única tenreira que posuían para que puidese cear.
Aquel mendigo pediu que botasen os ósos grandes do animal nunha corte e os pequenos noutra. Ao día seguinte os ósos de maior tamaño convertéranse en vacas e os pequenos en tenreiras; o pobo quedara baixo a auga da lagoa polo mal que se portara con el. Nunca máis se lle volveu ver.
Texto e fotos: casarurales.net