Con 1.658.508 usuarios no que vai de ano, fronte a 1.344.481 do período do ano anterior, o portal de información e promoción turística da Xunta de Galicia incrementou o número de persoas que visitan esta web en case un 25%.
Este servizo de información e promoción turística da Xunta de Galicia rexistrou tamén unha suba no número de páxinas vistas polos usuarios, que dende o 1 de xaneiro se situou no 8,09%, o que supuxo 4.366.547 páxinas vistas fronte ás 4.039.630 do ano anterior.
Polo que respecta os países que máis visitan o portal turístico de Galicia, despois de España, sitúase Francia, os Estados Unidos, Portugal, Alemaña. Arxentina, Reino Unido, Suíza, Italia e México.