A Ruta do Viño Rías Baixas segue crecendo en número de visitantes e recibiu un total de 77.690 persoas durante o ano 2014, o que supón un incremento do 16% con respecto ao ano anterior. Así consta no Informe de Visitantes a Adegas e Museos do Viño Asociados ás Rutas do Viño de España 2014 elaborado pola Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN), que confirma un ano máis á Ruta do Viño Rías Baixas como a sexta máis visitada en España.
Deste modo, a Ruta do Viño Rías Baixas completa un lustro no que duplicou o seu número de visitantes: dende as 38.014 persoas de 2010 ata os actuais 77.690 visitantes de 2014. Unhas cifras que, segundo recolle o ACEVIN, fan que Rías Baixas se sitúe “á cabeza do turismo do viño en España”, xunto a Enoturisme Penedès, a Ruta do Viño e do Brandy do Marco de Xerez, Ribeira do Douro, Rioja Alta e Rioja Alavesa.