Hoxe viaxamos ata o norte da comunidade para toparnos coa Coruña cidade e algúns dos puntos da súa provincia máis destacados. Situado na zona oeste, o famoso “Balcón do Atlántico”, encerra na súa extensión numerosos puntos de visita obrigada cun ambiente máxico que imos descubrir a continuación. Ah! e recomendámosche estas casas da provincia por se non tes onde durmir.
A Torre de Hércules é un deses lugares con encanto. Un observador de primeira do Atlántico. Ten o privilexio de ser o faro máis antigo do mundo que segue activo nas súas funcións de guía. Ademais, foi declarado Patrimonio da Humanidade.
A opción de pasear e descubrir ao mesmo tempo a historia da zona tamén é posible na Coruña. Se vas ao casco antigo, non te esquezas de levantar a cabeza para observar as fachadas, adornadas con alegres cores que, combinándose coa pedra dos chans, parece sacado dunha película.
Faise chamar a Cidade Vella, pasando por períodos de abandono polos desastres que as guerras causaban e, máis tarde, por unha remodelación levada a cabo por Alfonso IX, que amurallou a zona e fíxoa máis segura. Hoxe en día aínda existen restos da antiga fortificación.
Das zonas naturais, como non, destacan as súas praias, visibles desde calquera punto do seu paseo marítimo, como é o caso da de Orzán, pegada á de Riazor.
Vista da Coruña
Un dos referentes, a só media hora da Coruña, é a Catedral de Santiago, meta dos peregrinos procedentes de todas partes do mundo, que realizan a ruta en honra ao Apóstolo.
Desde a famosa Praza do Obradoiro, o escenario principal sobre o que se levantan os seus muros, pódese contemplar a maxestosidade dos elementos, de orixe barroca, románico e gótico, nunha perfecta comuñón moi encomiada por grandes mestres da arquitectura. É tal a súa beleza que foi declarada Patrimonio da Humanidade e Ben de Interese Cultural. Case un pecado non visitala.
Catedral de Santiago
Aquí non acaba a cousa, contámosche máis.
Penetramos no Parque Natural de Fragas do Eume, tamén a pouco máis de media hora da cidade da Coruña, que ten como atractivo principal a vexetación que rodea ao río que lle dá nome e onde a maior parte está composta por carballos. Pertence ao que se chama bosque atlántico. Un pracer para os sentidos, sen dúbida.
De volta á Coruña, para os afeccionados aos deportes, ademais hai un extra. E é que esta zona tampouco se entende sen a súa sede oficial futboleira: o Estadio de Riazor, situado nunha zona céntrica.
E se gaña o Deportivo de La Coruña, os galegos saben de celebracións e do bo comer. Por iso, non podes terminar a túa ruta sen encher o estómago con algún dos seus produtos estrela: os mariscos, a tradicional empanada galega ou o polbo á feira. E é que, como se adoita dicir, Galicia Calidade.
Texto e fotos: casasrurales.net