Un total de 12.692 persoas puideron realizar o Camiño de Santiago en Galicia a través do Bono Iacobus, un produto creado por Turismo de Galicia que combina a realización da Ruta Xacobea co aloxamento en establecementos de turismo rural da Comunidade galega.
O prezo inclúe o aloxamento, as ceas, os almorzos e os traslados en coche desde os establecementos rurais ata o inicio e final de cada etapa. Tamén é posible contratar como servizos opcionais o pícnic ou o traslado da equipaxe.
No que vai deste ano 2015, xa son 110 as reservas solicitadas, fronte ás 84 que tiveron lugar ao longo de todo o ano 2014.