A Torre de Hércules recibiu entre xullo e setembro deste ano un total de 58.012 visitantes. Deles o 78% procedeu do territorio español, o 16% de Europa e o 6% restante divídese entre América, Asia, África e Oceanía.
En canto ás procedencias por comunidades autónomas, dentro do conxunto nacional, correspóndelle a Galicia o 21% das visitas (e delas, o 62% á Coruña e o 21% a Pontevedra), seguida por Madrid, co 16%; Cataluña, co 8,9% e Castela e León, co 7,6%.
Do resto de Europa, as persoas que máis visitaron a Torre este ano foron italianas e francesas, cun 17%, seguidas de Portugal, cun 12%; Reino Unido, 11% e Alemaña, co aporte do 10% das visitas.
Coa entrada da tempada baixa, a Torre de Hércules volve ao horario de inverno, con apertura ás 10:00 horas, peche ás 18:00 horas e última entrada ás 17:30 horas. Hai que lembrar que os luns a entrada e gratuíta, como tamén o terceiro sábado de cada mes, ata xuño, inclusive.
Ademais, desde hoxe, ábrese a tempada de visitas guiadas, que se realizan de martes a venres ás 16:00 horas e os sábados e domingos, ás 12:00 e ás 16:00 horas. Para concertalas, é preciso reservar praza no teléfono 981 223 730.