A banda viguesa Virandeira Folk continúa coa presentación do seu novo traballo e, nesta ocasión, ofrece unha actuación mañá, ás 22:00 horas, en Vilar de Santos, na taberna cultural A Arca de Noé.
Os asistentes poderán gozar de todo o novo repertorio da banda incluído no seu novo disco Metamorfose. Trátase do segundo traballo de Virandeira Folk e que se caracteriza pola fusión de estilos: música celta, pop, rock, jazz. Gaita, frauta e violín, mestúranse con guitarras eléctricas e batería.