Kanalla Coffee é unha orixinal e pioneira iniciativa de seis novos baristas galegos que buscan dar a coñecer a cultura do café de especialidade en Galicia, fomentando o I+D con produtos galegos de calidade e apostando pola profesionalidade no sector á hora de traballar con café.
O colectivo, que a pesar da súa mocidade acumula un enorme número de premios e recoñecementos a nivel nacional e internacional, está formado por Damián Seijas, Guillermo González, Sofía Prieto, Diego Campos, Manu Sisto e Xan Martínez.
Paixón e compromiso co produto de calidade definen a Kanalla Coffee, que ademais conta coa profesionalidade dos seus compoñentes para ofrecer formación e información sobre o café de especialidade en Galicia, sempre desde unha perspectiva próxima e divertida. Un compromiso que se materializa a través de relatorios, charlas informativa e masterclass, ademais de colaborar con outros entes que defendan o produto de calidade