O concurso Santiago(é)Tapas deu a coñecer os premiados da súa oitava edición nun acto de entrega celebrado no Teatro Principal de Santiago no que se deron cita profesionais da hostalería compostelá, patrocinadores, xornalistas, membros do xurado e autoridades.
Ferro e a súa tapa Pata de vitela, castañas e mexillón de Galicia conseguiu o premio do xurado. O primeiro premio Tapa do público, foi para a tapa Costela de cabra da Mercé do restaurante Siro González; mentres que o segundo e terceiro galardón foron, respectivamente, para El Bocalino con Chupachús de poldro galego con sementes de liño, patacas reixa e ameixas salvaxes; e Lusco&Fusco con Torta de queixo do Cebreiro con base de noces, mel e figos.
Ademais, A Curtidoría levou o premio do xurado á tapa que mellor marida con Estrella Galicia con Outono en Compostela. Mentres que o público outorgou esta mesma distinción a Gaia por O Caínzo. The Seafood Bar e A Grella foron outros dos locais galardoados. En total, nesta edición os establecementos participantes serviron máis de 31.000 tapas.