Máis de 7.000 persoas recolleron ao longo desta Semana Santa a súa compostela na Oficina do Peregrino. A cifra supera en máis de 2.700 persoas a rexistrada no mesmo período durante o pasado ano 2013.
A xornada na que máis peregrinos chegaron á capital galega para selar a compostela foi o Sábado Santo, cando se rexistraron un total de 1.496 camiñantes, seguido dos 1.486 do Venres Santo ou os 1087 do Xoves Santo.
Segundo a propia Oficina do Peregrino o bo tempo e as altas temperaturas poden ser as causantes deste incremento no número de persoas que decidiron facer o Camiño de Santiago.