Un total de 10 empresas turísticas do comarca do Salnés veñen de presentar unha nova agrupación que ten por obxectivo potenciar Arousa como un destino de calidade que une elementos vangardistas con outros máis tradicionais.
Entre as accións máis inmediatas está a constitución dunha plataforma dixital turística, Visit Arousa que, a través da súa web promocionará a oferta de productos, servizos, actividades culturais, turismo activo e rutas dos membros do colectivo.
As empresas que forman parte da iniciativa son Pazo de Rubiáns, Adega Eidos, Bodegas Mar de Frades, Quinta de San Amaro, Gran Hotel de La Toja, Piragüilla Turismo Activo, Amare Turismo Náutico, Marina Vilagarcía, Arrullos del Auga e Tee Travel.
Máis información en VISITAROUSA.COM (a web estará dispoñible nun par de días)