A localidade de Redondela acolle dende onte e ata o próximo domingo 25 de maio o XV Festival Internacional de Títeres de Redondela que contará coa participación dunha vintena de compañías artísticas.
Durante todas as xornadas do festival, o público poderá ver espectáculos de sala no Auditorio da Xunqueira a un prezo de 3 euros para os menores e 5 euros para os adultos. A programación de rúa concentrarase durante os días 24 e 25 de maio en diferentes puntos da localidade coincidindo coa celebración do mercado titiriteiro. Ademais o Multiúsos da Xunqueira acolle a mostra interactiva Vida Acuática.
Descarga o PROGRAMA