A obra do artista contemporáneo portugués Julião Sarmento chega a Galicia da man da Fundación Luis Seoane da Coruña a través da mostra Julião Sarmento. Guest or Host? que se pode visitar dende onte.
Trátase do primeiro de varios proxectos expositivos que serán coproducidos pola institución coruñesa e o Centro Atlántico de Arte Moderna de Las Palmas de Grande Canaria-CAAM.
Julião Sarmento. Guest or Host? reúne preto dunha trintena de pezas en diferentes formatos como pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo e instalacións que van dende os inicios da década dos oitenta ata o momento presente.