
Lugo prepárase para celebrar unha nova edición do San Froilán que se realizará entre o 4 e o 12 de outubro cunha amplia oferta que abarca máis de 200 actividades. Como é habitual a programación mistura o tradicional co moderno para ter un ambiente festivo e con actividades para todos os gustos e idades.
Este ano toman forza as verbenas e os amantes da música tamén poderán desfrutar dos grupos locais con diferentes concertos entre eles, o do venres 10 de outubro ás 20:00 horas na Praza de Santa María, co Muralla Rock, no que seis grupos locais tocarán música rock. Sen esquecer os concertos que se realizarán na Praza Horta do Seminario e a Praza de Santa de María con grupos como Buena Vista Club Social, Efecto Pasillo, Kase O & Jazz Magnetism, Ara Malikian, Lucia Pérez, Susana Seivane, Les Tambours du Bronx, En Clave de Fado ou Marful, entre outros moitos.
Son máis de 200 actividades para todas as idades e todos os gustos que permitirán aos cidadáns ter a diversión asegurada durante todo o día a través de actividades como teatro, danza, o tradicional desfile de gando, a feira medieval ou bandas de música. Tamén para os máis pequenos haberá o San Froilán Miúdo.
Entre as principias novedades destaca a celebración da I Feira de artesanía e Gastronomía GastroArte e o primeiro Concurso de polbeiros e polbeiras.