Turismo de Galicia obtivo o galardón de Destino turístico gastronómico nos dez premios de Turismo e Cultura concedidos pola Asociación do Grupo de Xestión de Medios Culturais e Turísticos (GMC).
Nunha primeira fase participaron 25 entidades, empresas, actividades ou lugares, cuxa excelencia e innovación, relación calidade-prezo, servizo, comunicación e outros valores positivos foron recollidos polo Panel cualitativo de Opinión Líder Ibercom.
Máis de mil enquisados realizaron as nominacións, que este ano premiaron valores como a innovación, a comunicación, a promoción e a difusión, coincidindo co lema do Día Mundial do Turismo.
Ademais de Turismo de Galicia, os galardoados deste ano foron, entre outros, Madrid Destino ou Extremadura. Natureza e Turismo Rural.
Esta selección realízase cada dous anos e complementa, de forma independente, aos Premios Oficiais da Organización Mundial de Turismo 2014 (OMT).