Entre o 17 e o 21 de abril o recinto feiral de Punta Arnela celebra a XVII edición do Salón do Cabalo de Ferrol, Equiocio que nesta ocasión contará con case 200 xinetes.
O concurso hípico alcanzou a categoría de catro estrelas e ofrecerá ademais, como é habitual, diversas actividades de ocio infantil e familiar. Na entrada instalarase un circuíto de seguridade vial para nenos e celebraranse talleres ecuestres tanto para nenos coma para adultos. Volverá o ‘poni club’ e haberá unha ampla oferta de atraccións inchables, un espazo que representará un safari ou un concurso de mascotas, entre outras propostas.
Por outra parte, Equiocio coincidirá cunha Semana Santa ferrolana que, por primeira vez, conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.