
Un equipo da BBC Televisión visita, dende hoxe, A Coruña para gravar un capítulo de Grandes Viaxes Ferroviarias Continentais (Great Continental Railway Journeys), unha exitosa serie de documentais de viaxes que obtivo recoñecemento a nivel mundial dende que comezou a súa emisión en novembro de 2012.
Dende hoxe realizan as primeiras localizacións, mentres que o seu presentador, o xornalista e expolítico Michael Portillo -foi ministro de Defensa con John Major- visitará A Coruña o próximo 23 de abril. Durante a súa estanza, o equipo percorrerá a Torre de Hércules, o xardín de San Carlos ou o Pazo de María Pita, entre outros lugares emblemáticos da cidade.