FIN DE SEMANA MOI COMPLETO CON DECENAS DE ACTIVIDADES PARA TODOS OS GUSTOS ÁS QUE SE SUMAN VARIAS FESTAS GASTRONÓMICAS.
Venres
- Recital da Orquestra Sinfónica de Galicia ás 20.30 horas no Palacio da Ópera da Coruña. Sinfonicadegalicia.com
- O novo traballo do Centro Coreográfico Galego Full House represéntase ás 20.30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Centrodramatico.org
- O Teatro Colón acolle a representación da obra Desclasificados. Será na Coruña ás 20.30 horas.
- Entradas esgotadas para o concerto que Ainhoa Arteta ofrecerá no Auditorio de Ferrol as 20.30 horas.
- Espectáculo de humor con Pablo Chiapella e Sí, soy el señor ás 22:00 horas no Auditorio Municipal de Ourense.
- O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle o musical Bye Bye Honey ás 21.00 horas.
Sábado
- Danza contemporánea no Teatro Principal de Santiago co espectáculo Momento Blooming ás 21:00 horas.
- Nach presenta o seu novo traballo discográfico Los viajes inmóviles na Sala Capitol de Santiago ás 21.30 horas. Nach.es
- Entradas esgotadas para o concerto que Los Secretos ofrecen ás 20:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
- Carlos Blanco e Luis Davila únense no espectáculo Menú do día ás 22:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense.
- Tras o seu paso por Ourense Pablo Chiapella chegará ás 22:00 horas ao Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.
- Mademe Butterfly represéntase no Teatro Colón da Coruña ás 20.30 horas.
- Revólver, Tregua e Ruta 77 ofrecen un concerto solidario ás 20:00 horas no recinto EXPOCoruña. Es-revolver.com
- Sábado e domingo Vilalba acolle a Festa do Queixo de San Simón da Costa. NOTICIA AMPLIADA NO NOSO BLOG
- Sábado e domingo Arcade, en Soutomaior, celebra a XXVIII Festa da ostra. Soutomaior.com
Domingo
- O Teatro Principal de Ourense acolle a ópera Carmen ás 19.00 horas
- Dentro do Ciclo 1906 de Jazz, o Teatro Principal de Santiago ofrece a actuación de Avishai Cohen Trio ás 20:00 horas. club1906.es/ciclojazz
- Tras o seu estreno na Coruña, o espectáculo de danza Full House chega ao Auditorio Municipal de Cangas ás 20:00 horas. Centrodramatico.org
- Ilya Kaler, Amit Peled e a Camerata OSG ofrecen un concerto ás 12:00 horas no Teatro Colón da Coruña. NOTICIA AMPLIADA NO NOSO BLOG
- O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acolle ás 18:00 horas Symphonic of ABBA, el espectáculo.
- Juan Perro ofrece un concerto ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
- Pontecesures celebra a XIX Festa da lamprea. Pontecesures.org
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )