TEXTO: LUCÍA CASANOVA / FOTOS: BORJA CALVO
Din que a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo. Se isto é así, Galicia10 xa cumpriu co santo que máis peregrinos recibe de Galicia tras Santiago.
Situado en plena Serra da Capelada a tan só uns 12 quilómetros de Cedeira, unha das capitais do percebe galego, San Andrés de Teixido é un lugar tan recomendable polo seu misterio e halo de lenda como polas súas fermosas e impresionantes vistas. É, en definitiva, un lugar máxico.
Moi preto encóntrase o acantilado máis elevado da Europa continental
Aínda que a tradición de recibir romeiros é moi antiga, a súa orixe non está moi clara. Hai dúas versións diferentes: unha di que San Andrés chegou a estas terras nunha barca e que esta, tras naufragar, se converteu en pedra, dando lugar á barca de San Andrés, que se pode ver nas inmediacións. A outra, di que San Andrés estaba nestas terras moi só e se lamentaba de que ninguén fose a velo, ao contrario que a Santiago.
As dúas versións conclúen de forma similar ao serlle concedido o regalo de que todo o mundo, vivo ou morto, peregrinaría, polo menos unha vez, a esta paraxe. De aí vén o dito vai de morto quen non foi de vivo e de aí tamén outras tradicións, como o respecto a serpes, lagartos e outros pequenos animais, que, cre, son as almas dos que non peregrinaron en vida. Ou o costume dos romeiros de depositar unha pedra nos numerosos milladoiros. Dise que o día do xuízo final se contarán as pedras e se comprobará quen foi e quen non.
Xunto a estas tradicións que mesturan lenda e relixión, encóntrase o marabilloso ámbito no que se sitúa San Andrés de Teixido. En plena Serra da Capelada, a 140 metros sobre o nivel do mar e formando parte dunha serie de acantilados, entre os que podemos visitar Herbeira, que cos seus 613 metros é o máis elevado da Europa continental.
Unha vez en San Andrés, non debemos perdernos o seu fermoso santuario. Aínda que ten a súa orixe nun mosteiro do século XII, a capela maior é de 1789. Trátase dun templo gótico de tipoloxía mariñeira. É moi agradable dar un pequeno paseo entre as casas e descubrir pequenas tendas de artesanía nas que se venden recordos da visita. Entre os máis famosos, a herba de namorar, que soluciona os problemas de amores e que crece na zona; e os sanandresiños, figuras de pan de vivas cores cuxas distintas formas teñen diferentes significados.
Os sanandresiños, figuras de miolo de pan de vivas cores, son típicos de aquí
- A flor: acompáñanos no amor.
- A man: pide polo bo facer nos estudos.
- A sardiña: para que nunca falte o alimento.
- A barca: para que as viaxes cheguen a bo fin.
- A escaleira: para mellorar no traballo e negocios.
- O San Andrés: pola boa saúde e amizade.
- A corona: de San Andrés.
- A pomba: símbolo da paz.
Moi preto do templo, baixando por unhas empinadas escaleiras, chégase á fonte dos tres canos ou fonte do santo. Din que hai que pedir un desexo ao santo, beber auga da fonte e botar un miolo de pan, se frota significa que o desexo se fará realidade.
Al visitar este lugar, considerada la Meca gallega y el segundo lugar con más afluencia de peregrinos tras Santiago de Compostela, es imprescindible acercarse a la Garita de Herbeira, un mirador que nos regala unas impresionantes vistas de estos acantilados que maravillan por su belleza. En el caso de ir en julio, se celebra el Curro da Capelada o rapa das bestas de la zona. De hecho, de camino a San Andrés es muy habitual cruzarse con caballos sueltos por los prados.
É o segundo lugar de Galicia, tras Compostela, en número de peregrinos
Sen dúbida, a visita a San Andrés, sexa por motivos relixiosos ou non, é unha escapada que ninguén debería perderse. Deixaranos un recordo imborrable.