FOTOS CEDIDAS POR CARMEN ALBO
Profesional da formación en mercadotecnia e vendas, dende hai uns anos comparte con todos nós a súa principal afección e paixón: a cociña. O seu blog, Guisándome la vida, recibe miles de visitas; ten un programa de gastronomía na radio e, ademais, recompila as súas receitas en libros alcanzables para todos os petos. Falamos con Carmen, coa escusa de que acaba de sacar o seu segundo libro sobre receitas proteicas.
Tras o éxito de ‘Eu si conseguín adelgazar coas miñas receitas proteicas’ agora publicas ‘ Adelgaza sen fame e con humor! coas miñas receitas proteicas’. De verdade é compatible facer dieta con non pasar fame e con estar de boas?
Máis que compatible, eu creo que é imprescindible. Coas axudas proteicas non pasas fame e non tes límite de cantidade de alimentos, pero claro que pasas algunhas privacións… e das cousas que adoita apetecer comer. Aínda así, afrontar a vida, ou neste caso unha dieta, con humor e ríndose moito dun mesmo e un pouco dos demais, axuda a que se lle esquecen esas pequenas renuncias e a animarse moito e pronto cos quilos que se van perdendo con rapidez. Os bos resultados animan moito a vencer as tentacións da carne… e as dos doces, tamén! Bo, e como con esta dieta non se te pon nin cara nin alma “de acelga” pois ri un máis e mellor. Iso axuda.
Que nos imos encontrar neste novo libro?
Pois máis imaxinación, máis experiencia, máis creatividade e a miña receita básica para a vida e para a cociña: receitas moi fáciles e lucidas.
Unha das túas marcas persoais no teu blog guisándome a vida é acompañar cada receita dunha historieta, segues este formato no teu libro?
Pois neste caso non, e xa o sinto! Pero dado o prezo tan alcanzable do libro (menos de 10 €), o número de receitas, 85, e as súas correspondentes fotos en cor, pois como que xa non daba nin para unha paxina máis… En calquera caso si que hai unha introdución moi positiva, persoal e particular, sobre como enfrontarse á dieta.
Coas túas receitas demóstranos que se pode facer dieta sen gastar moito diñeiro, con produtos que podemos encontrar doadamente e cun resultado realmente apetecible, en que te inspiras para crear as receitas?
Se te digo a verdade… ¡Xa nin me acordo! Ben, o que intentei é, antes de nada, adaptar as miñas receitas caseiras básicas a esta dieta… E a verdade é que con bastantes o conseguín con resultados máis que satisfactorios. E, despois o que facemos todos: algo de internet aderezado cun toque de imaxinación persoal.
Tras os excesos do Entroido, que nos suxires?
Pois que vos vou suxerir, que compredes o meu libro e que fagades como eu, que nun mes xa baixei 4 quilos. Cousa que á miña idade é toda unha proeza.
Intentei adaptar as miñas receitas caseiras básicas a esta dieta
De onde che vén esta paixón pola cociña?
Eu creo que en parte debe ser xenética e en parte aprendizaxe por imitación. Vivín sempre con persoas disfrutonas, invitonas e lupandas que se pasaban media vida festexando simplemente… que vivían… E a outra media vida a pasaban… a dieta para compensar!
Se tiveses que elixir un único prato, con cal quedarías?
Unha das preguntas máis difíciles que se lle poden facer a un cocinillas-comilón… pero…. entre algún arroz ou pasta, exquisitos iso si, andaría a cousa.
Sabemos que es moi inqueda… Algún proxecto en mente?
Iso sempre! Dende hai 2 meses dirixo o programa de Radio Vigo, Cadea Ser, ‘A guía gastronómica’, no que antes era só colaboradora e que agora me guiso como podo eu sola…. E, por suposto, editar o ano próximo un libro das miñas mellores receitas moi fáciles e lucidas con algunhas historietas. É dicir, un libro de receitas para quedar ben, con pouco diñeiro e sen morrer no intento. A ver se o consigo!!
MÁIS INFORMACIÓN EN:
Se che gustou a entrevista… non che esqueza compartila!! ; P