Para os que quedaron con fame de Entroido, A Coruña acollerá ata o próximo 21 de febreiro as xornadas gastronómicas do lacón con grelos, Lacónicas que inclúen menús, degustacións e mesmo obradoiros.
O evento, que se celebra desde principios de mes organizado por Turismo da Coruña, conta coa participación dunha trintena de establecementos situados en distintos puntos da cidade dos que a maioría -25 deles- ofrecen este prato na súa preparación máis tradicional mentres que o resto sérveno na súa versión máis creativa. O prezo dos menús vai dos 15 aos 30 euros e inclúen bebida e sobremesa.